Non ás agresións imperialistas. Coloquio en Compostela e Pontevedra

cartaz-galizanova-refuxiados-PONTEVEDRA (1)Desde Galiza Nova animamos a participar no coloquio sobre as agresións imperialistas, a situación das persoas refuxiadas na Unión Europea e a crise humanitaria que se está a vivir e que a nosa organziación organiza en:

Compostela:

Mércores 16 de setembro ás 20.30h no Silveira (esquina con Mazarelos).

Pontevedra:

Xoves 17 de setembro ás 20h na Casa da Luz (Praza da Verdura).

Nestes encontros, nos que intervirán Duarte Correa (analista internacional) e Alberte Mera (Secretario Xeral de Galiza Nova) e no que haberá un coloquio aberto entre o público, analizaremos como os Estados Unidos, Isarael e a Unión Erupea levan a guerra, a morte, a destrución e a miseria a diversos países para alcanzar os seus obxectivos xeoestratéxicos e espoliar os seus recursos naturais, particularmente o petróleo.

Afganistán, Iraq, Libia… e agora é a Siria. Os EUA e aliados seus armaron e alentaron o terrorismo na Siria, incluído o chamado Estado Islámico.

Destes temas, e dos pobos agredidos en especial o Kurdistán, e da loita pola paz, o antiimperialismo e a soberanía nacional dos pobos, falaremos nos coloquios que Galiza Nova organiza en Compostela e Pontevedra.

Ademais, animamos tamén a participar das concnetracións que este domingo día 13 terán lugar en solidariedade coas persoas refuxiadas desde a Galiza.

HORAS E LUGARES DAS MOBILIZACIÓNS:
A Coruña: ás 12 h, praza da Palloza.
Ferrol: ás 12 h, praza de España.
Santiago de Compostela: ás 12 h, praza do Obradoiro.
Lugo: ás 12:30 h, Subdelegación do Goberno.
Ourense: ás 12 h, Subdelegación do Goberno.
Pontevedra: ás 12 h, praza da Ferreiría.
Vigo: ás 12 h, Museo de Arte Contemporánea (MARCO).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *