Nós polo transporte digno para a mocidade

transporteReivindicamos transporte digno desde a estación de ferrocarrís de Vigo con Carme Adán e mozas e mozos de NÓS Candidatura Galega,

“Uns servizos que están masificados nas fins de semana, como os domingos, cando centos de estudantes viaxan ás cidades de estudo universitario. Vimos moitas veces esas imaxes de mozos e mozas sentados nos corredores do tren porque non teñen sitio, ou viaxando de pé”, sinalou Carme Adán.

A candidata de Nós, que se situou fronte á estación con cartaces reivindicativos pedindo máis frecuencias ferroviarias, afirmou que “é evidente que a demanda é alta. Polo tanto, o lóxico sería aumentar os servizos. Máis Renfe e Fomento prefiren seguir vendendo billetes ao mesmo prezo aínda que a xente teña que ir de pé ou sentada no chán en lugar de reforzar as frecuencias e oferecer servizos de calidade”.

Ana Pastor e as fotos
Na mesma liña, puxo de manifesto a necesidade de rebaixar os prezos dos billetes pois “resultan excesivamente caros para o estudantado e para traxectos de distanzas medias”. Carme Adán considerou que os servizos de tren deben axustarse ás necesidades de cada lugar, e “en Vigo un domingo hai moita xente collendo o tren. Posto que a Ministra de Fomento nada fixo para que teñamos un tren de cercanías, alomenos podía terse molestado en incrementar os servizos en lugar de permitir a masificación actual nas fins de semana”.

Criticou a Ana Pastor por limitarse a inaugurar o Eixo Atlántico a toda presa antes das elecións municipais, pero sen preocuparse polas frecuencias nin por satisfacer a alta demanda existente”.