Nova agresión homofóbica en Ourense

Na noite deste domingo, producíase unha nova agresión homofóbica en Ribadavia. Ao berro de “maricón de mierda” un rapaz recibiu un puñetazo e foi acosado polo agresor e as amizades deste.

Trátase da terceira agresión na provincia de Ourense no último mes e a cuarta após a agresión acontecida en Vigo. Estamos fartas de recibir agresión polo mero feito de ser quen somos. Fartas de non pode vivir a nosa sexualidade e a nosa identidade de xénero. Desde a Asemblea LGBT de Galiza Nova reafirmamos o noso compromiso coa loita LGBT en todos os espazos: nas aulas, nas rúas e no noso día a día.

Ningunha agresión sen resposta!