Nova agresión homofóbica en Vigo

Este domingo, de madurgada, producíase unha nova agresión homofóbica en Vigo, após bicarense dous rapaces nunha praza da cidade olívica.

Desde Galiza Nova denunciamos o aumento en frecuencia das agresións LGBTfóbicas, pois hai menos dunha semana denunciabamos un ataque semellante en Ourense. As rúas tamén son un espazo de noso, onde poder vivir libremente a nosa identidade e o noso afecto. Abonda xa! Ningunha agresión sen resposta!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *