A pasada finde a capital ourensá foi testigo dun novo ataque cara unha persoa do colectivo LGBT, agredida simplemente pola súa apariencia.
Desde Galiza Nova denunciamos que este tipo de situacións sigan acontecendo. O noso aspecto ou a nosa vestimenta non pode ser obxecto de odio. Queremos poder vivir libremente a nosa sexualidade e a nosa identidade. Galiza está sufrindo un repunte alarmente de lgbtfobia que non podemos permitir. Basta xa! Ningunha agresión sen resposta!