Novo caso de feminicidio na Galiza

Este domingo produciuse no Carballiño un novo caso de feminicidio. Esta vez, Virginia F. V. de 55 anos, foi acoitelada pola súa parella. 

O feminismo galego organizado volta saír á rúa como resposta ás agresións e para manifestar repulsa contra a violencia machista. 

Desde Galiza Nova chamamos a toda a sociedade a mobilizarse e acudir ás concentracións convocadas para mañá, martes 31 ás 20h nas vilas e cidades do país.
Reclamamos o fin de toda violencia contra as mulleres e esiximos responsabilidades e medidas urxentes para acabar cos feminicidios.

Querémonos Vivas! Nin unha menos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *