Xa podes ler e difundir o novo activas, sobre micomachismos e situacións de violencia Agardamos que as bandas deseñadas que tes neste novo activas, voceiro da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, sexan de utilidade para comprender que determinadas actitudes que ao mellor, até o momento, parecíanche normais son tamén violencia machista. É preciso que as coñezamos para así combatelas e eliminalas. As bandas deseñadas foron realizadas para Galiza Nova e o BNG pola artista gráfica Ticiana Ghiglione Darriba (Cha), autora da tira cómica Dina Mita en galego. @DinaMita82
Descarga o número nesta ligazón!
Estamos fartas de sermos agredidas, marxinadas e asasinadas! Fartas de que a Igrexa e os poderes españois perpetúen o patriarcado para someternos a todas e dean volta aos avances conquistados polo feminismo. Non podemos ficar caladas mentres nos infravaloran, fraxilizan, manipulan ou exercen control sobre nós. Somos quen de defendernos e, de feito, levamos toda a vida loitando contra este estado machista, retrógrado e capitalista, que nos oprime pola nosa condición de mozas, de galegas e de mulleres. Desde a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, mozas do BNG, chamámoste a que te unas á insubmisión e á rebeldía! LOITEMOS POR UNHA GALIZA FEMINISTA! En nós non manda ninguén! Soberanas!