O Alcalde do PP de Mondariz denuncia a membros de Galiza Nova por defender o ensino público

cartaz_webO alcalde do PP leva a moz@s de Galiza Nova ao xulgado por realizaren un mural en defensa do ensino público galego.

Cando @s moz@s realizaban o mural, presentouse no lugar un axente da Garda Civil para identifical@s, a petición do Alcalde de Mondariz, Julio Alén, que posteriormente presentou denuncia contra elas e eles.

O mural realizado por Galiza Nova enmárcase dentro da campaña que estamos a desenvolver en todo o país contra a LOMCE e en defensa do ensino público galego. Así, segundo a propia denuncia, o mural contén os termos “NON Á LOMCE” e “ENSINO PUBLICO GALEGO”.

Dende Galiza Nova lamentamos a patética a actitude do Alcalde, Julio Alén, que prexudica coas súas políticas dereitosas o ensino público e que se encarga de denunciar a aquelas persoas que defenden o dereito á educación.

mural

Primeiro, o goberno do PP vota no Pleno en contra dunha iniciativa presentada polo BNG para derrogar a LOMCE, e agora o Alcalde denuncia a aquelas e aqueles que defendemos un dereito básico como o ensino público.

A súa represión non nos calará!

Os membros de Galiza Nova que realizaron o mural serán xulgados por falta de deslucimento, pero manifestamos que nin a represión, nin as identificacións, nin as denuncias nin as ameazas do PP van conseguir calarnos, polo que continuaremos loitando polo ensino público galego!!