“O amor non é un cadeado” en Carballo

O vindeiro venres 5 de maio a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova desenvolverá en Carballo un coloquio onde analizaremos e debateremos sobre o mito do amor romántico coa Responsábel da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, Rebeca Cambeiro e con Marta Barreiro, militante de Galiza Nova Bergantiños.

Analizaremos o ideal de amor romántico, a venda de relacións estereotipadas e mitificadas que son a base do comportamento machista nas relacións de parellas. Desde Galiza Nova achegamos este acto porque consideramos que debemos traballar todos dos días do ano para construír unha sociedade nova, onde as relacións non sexan tóxicas.

Agardamos contar contigo este venres 5 de maio ás 20h na Taberna O Patacón, en Carballo.

O AMOR NON É UN CADEADO!