O amor non é un cadeado en Melide

O vindeiro venres 24 de novembro a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova desenvolverá en Melide un coloquio onde analizaremos e debateremos sobre o mito do amor romántico coa Responsábel da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, Rebeca Cambeiro e con María Vila, Responsábel Coamrcal de de Galiza Nova na Montaña.

Analizaremos o ideal de amor romántico, a venda de relacións estereotipadas e mitificadas que son a base do comportamento machista nas relacións de parellas. Desde Galiza Nova achegamos este acto porque consideramos que debemos traballar todos dos días do ano para construír unha sociedade nova, onde as relacións non sexan tóxicas.

Agardamos contar contigo este venres 24 de novembro ás 19:30h no Bar Mandil.

O AMOR NON É UN CADEADO!

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *