O ascenso da ultradereita a debate en Lugo

O vindeiro venres  14 de decembro ás 18:30h estaremos con Olalla Rodil, deputada no parlamento de Galiza, e Alexandre Espiño, responsábel local de Lugo, no C.S. Madia Leva (Rúa Serra de Ancares, 18) de Lugo coa charla-coloquio “O ascenso da ultradereita: causas e fórmulas para combatelo”.

Nesta palestra tentaremos analizar os motivos que levan ao auxe da extrema dereita na sociedade nos últimos meses como vimos reflectido nos resultados das recentes eleccións andaluzas ou na agresión fascista a un compañeiro de Galiza Nova, o pasado mércores en Pontevedra, polo simple feito de vestir unha camisola coa bandeira da patria. E debateremos sobre posíbeis medidas e solucións a adoptar para facerlle fronte a esta escalada de fascismo e violencia.