“O ascenso da ultradereita” en Vigo

O vindeiro mércores, 19 de decembro, estaremos conversando con Xabier Pérez, candidato á Alcadía de Vigo sobre o ascenso da ultradereita. Terá lugar no Café De Catro a Catro (Rúa Girona, 16) en Vigo, a partir das 19h

Nesta charla-coloquio analizaremos as causas e os motivos do auxe fascista nos últimos tempos como se pode ver reflictido en moitos casos. Tanto a nível europeo coa incorporación de novas forzas políticas neonazis ou neofascistas, os resultados electorais en Andalucía no ámbito do Estado español, e sen ir máis lonxe pola agresión fascista ben recente producida nas rúas do noso país a un compañeiro da nosa organización.

Por estes, e outros motivos, debateremos tamén sobre as medidas que podemos levar a cabo para frear esta escalada da ultradereita e organizar a resposta antifascista na Galiza