O avance da ultradereita a debate en Vilagarcía

O vindeiro venres 25 de xaneiro ás 19.30h estaremos no Seminario 1 do Auditorio de Vilagarcía de Arousa falando con Duarte Correa, historiador e analista internacional, nunha charla-coloquio que leva por título “FREEMOS A ULTRADEREITA”, organizada pola asemblea comarcal de Galiza Nova no Salnés.

Nesta charla-coloquio analizaremos as causas e os motivos do auxe fascista nos últimos tempos como se pode ver reflictido en moitos casos. Tanto a nível europeo coa incorporación de novas forzas políticas neonazis ou neofascistas, os resultados electorais en Andalucía no ámbito do Estado español, e sen ir máis lonxe pola agresión fascista ben recente producida nas rúas do noso país a un compañeiro da nosa organización.

Por estes, e outros motivos, debateremos tamén sobre as medidas que podemos levar a cabo para frear esta escalada da ultradereita e organizar a resposta antifascista na Galiza