O bloque reclama en Europa fondos comunitarios contra a emigración xuvenil

empregoO BNG vén de reclamar que os fondos comunitarios que anunciou a  comisaria de Emprego, Marienne Thysen, se adiquen a loitar contra o desemprego xuvenil e teñan en conta o éxodo da mocidade galega, e obrigue ao Estado español a destinar parte deses recursos a medidas que eviten esa emigración masiva.

“Por exemplo, que o Goberno central desenvolva políticas públicas que garantan empregos para a mocidade dignos e de calidade, en lugar de permitir que se malgasten os fondos en programas inservíbeis incapaces de combater a exclusión do mercado laboral e mesmo a marcha do país da mocidade galega”, demanda a portavoz do BNG en Bruxelas e secretaria de Política Internacional, Ana Miranda.

Os fondos comunitarias para combater o desemprego entre a mocidade están orientados, segundo lembrou a eurocomisaria de emprego a estados membros cuxa taxa de paro xuvenil supere o 25%, porcentaxe que se duplica no Estado español.

A nosa eurodeputada Ana Miranda subliñou que miles de mozas e mozos tiveron que marchar do país ante a falta de alternativas laborais, nun contexto de crise agravado polas políticas de recortes do PP, en particular en Educación e investigación, neste caso responsábel da fuga de investigadoras. “A situación está a ter consecuencias dramáticas non só en termos persoais, da vida de cada unhas das persoas afectadas, senón tamén en termos colectivos pola caída en picado da demografía no país”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *