O estado español quere afogar o proceso de paz ! Solidariedade con Euskal Herria!

gotaDesde Galiza Nova queremos amosar toda a nosa solidariedade perante a vaga represiva que durante os últimos días está a sufrir o pobo vasco. A estratexia por parte do Estado só resulta comprensíbel desde a busca da vinganza e a máis fonda falta de humanidade, e que unha vez máis volve a reflectir unha actitude contraria por parte do Estado español á resolución do conflito político vasco. Asemade, supón un grave ataque aos dereitos civís e políticos da cidadanía vasca.

Rexeitamos as detencións acontecidas nos últimos días, e identificámolas coma o que son, froito da persecución ideolóxica e da represión do Estado fronte aquelas/es que buscan un futuro de liberdade para Euskal Herría e a construción da paz. Tan só dende a dita estratexia de non resolución do conflito se pode tamén concibir a prohibición da manifestación convocada para esta sábado en defensa dos dereitos humanos d@s pres@s polític@s vasc@s.

É por iso que a nosa organización quere mandar unha mensaxe de apoio a Euskal Herria e ás persoas apresadas nos últimos días, pois non hai portas no Estado Español para conter o mar da loita pola liberdade dos nosos pobos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *