O estudantado SI ten dereito á folga

folga 2016 webO vindeiro 13 de abril o estudantado está chamado á folga no ensino convocada por ERGUER ESTUDANTES DA GALIZA.

Debemos lembrar que na lexislación educativa recoñécese o dereito á folga e non se pode sancionar nin prexudicar nas cualificacións ao estudantado por non ir a clase o día da folga. Isto quere dicir que, se unha proba coincide co día da folga, cómpre recordar ao profesorado que mude a data do exame ou, se continúa empeñado en colocar o exame no día da folga, debemos saber que temos dereito a que se nos volva realizar a proba noutra data.

Podes realizar unha asemblea informativa para estudantes sobre a folga, aproveitando un recreo ou algunha hora dispoñibel. Na páxina web de ERGUER e de GALIZA NOVA atoparás información sobre os motivos da folga e, se precisas colaboración, non dubides en contactar connosco.

O teu centro de estudos está obrigado por lei a respectar o dereito de reunión e debe garantir e estimular este dereito. Garantir o seu exercicio dentro do horario do centro supón necesariamente que as asembleas se poidan organizar antes de que finalicen as clases. Por tanto, non aceptes que che concedan realizar a asemblea logo do horario lectivo.

Contacta con nós a través do correo nacional@galizanova.gal

O ESTUDANTADO TEN DEREITO A FOLGA!
QUE NON CHE CONTEN TROLAS