“O meu delito…”

Galiza Nova e o BNG denunciamos a criminalización e represión da protesta social contra as políticas de goberno do PP que empobrecen, recortan en servizos públicos, en dereitos sociais e en liberdades e que espolian ao noso pobo, ao tempo que o o PP reprime mesmo até a exhibición dos símbolos nacionais.

Primeiro recortan dereitos e despois reprimen a protesta contra eses recortes. Pero que saiban que aínda que nos multen e sancionen, non poderán connosco!