O vindeiro sábado 1 de abril a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova desenvolverá en Caldas un coloquio onde analizaremos e debateremos sobre o mito do amor romántico cunha experta en cuestións de xénero como é Belén Vieitez, coa Responsábel da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, Rebeca Cambeiro e con Ángela Aboi, integrante de Galiza Nova Umia.
Analizaremos o ideal de amor romántico, a venda de relacións estereotipadas e mitificadas que son a base do comportamento machista nas relacións de parellas. Desde Galiza Nova achegamos este acto porque consideramos que debemos traballar todos dos días do ano para construír unha sociedade nova, onde as relacións non sexan tóxicas.
Agardamos contar contigo este sábado 1 de abril ás 20h no Edificio Comarcal da Tafona (O Raro).
O AMOR NON É UN CADEADO!