O mito do amor romántico en Vigo

Co gallo do día dos namorados, o venres 17 de febreiro a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova desenvolverá en Vigo un coloquio onde analizaremos e debateremos sobre o mito do amor romántico e os intereses consumistas que agochan datas como a do 14 de febreiro.

Nesta actividade contaremos con Olalla Rodil, deputada do BNG no Parlamento Galego e integrante da Comisión Permanente de Galiza Nova, e Nerea Edreira, responsábel da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova en Vigo.

Agardamos contar contigo este venres 17 de febreiro ás 20h no Bar Cabiria de Vigo (Rúa Alfonso XIII, 32).

O AMOR NON É UN CADEADO