Este xoves 25 de xuño organizamos un obradoiro de sexualidade e diversidade en Pontevedra, coa participación da sexóloga Penélope Alonso, da Asociación Sexus, nun coloquio sobre a loita social pola defensa dos dereitos do colectivo LGTBI, e tamén presentaremos e repartiremos ás persoas asistentes a guía de sexualidade e ditada por Galiza Nova.
Será ás 20h na taberna Panela (Rúa de Barcelos, 11).
Son múltiples as barreiras no camiño cara a unha sexualidade que sexa, por riba de todo, libre e gozosa, mais urxe derrubalas. Sentímonos orgullos@s de sermos lésbicas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais. De nos reivindicarmos á marxe da norma que nos discrimina, e ao tempo, de loitarmos para derrubar esa norma e erguer unha nova sociedade: a Galiza libre, diversa e tolerante.