Obradoiro de sexualidade e diversidade en Vilagarcía

obradoiro salnesEste venres 10 de xullo organizamos un obradoiro de sexualidade e diversidade en Vilagarcía, conducido por Alfreso Saborido, sexólogo da Asociación Sexus, nun coloquio sobre a importancia da sexualidade libre, gozosa e segura, desterrando etiquetas, sen estereotipos nin opresións, e tamén presentaremos e repartiremos ás persoas asistentes a guía de sexualidade e ditada por Galiza Nova e que dará pé ao coloquio aberto sobre sexualidade e diversidade con Lucía Veciño, corredactora da guía. O obradoiro será presentado por María Villaronga, portavoz municipal do BNG.

Será ás 21h na cafetaría A Marina (Avda. da Mariña, a Alameda, Vilagarcía).

Son múltiples as barreiras no camiño cara a unha sexualidade que sexa, por riba de todo, libre e gozosa, mais urxe derrubalas.