Obradoiro Feminista en Viana

Obradoiro Viana Este xoves 29 de decembro a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova celebra en Viana do Bolo un obradoiro arredor da violencia machista invisibilizada. Esta actividade servirá para analizar e debatermos sobre as violencias machistas que a pesar de non ser tan visíbeis coma a física, tamén atentan contra a liberdade das mozas galegas.

Esta actividade contará coas intervencións de Alba García Sánchez, Militante de Galiza Nova e de Sara Feijóo, encargada do CIM de Viana, así coma coa da cantautora María Blanco. Agardámoste o xoves 29 de decembro ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Viana do Bolo (Rúa Ferradal s/n).

É hora de rematar con todas as violencias machistas, incluso aquelas que nos parecen menos visíbeis.

Insubmisas e Rebeldes, loitamos por unha Galiza feminista!