Obradoiro sobre micromachismos na Pontenova

pontenova2Participa do obradoiro sobre micromachismos este venres 20 na Pontenova, ás 20.30h na Casa da Cultura. Desde a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova queremos contar coa túa participación para tratarmos de analizar as situacións diarias nas que padecemos agresións machistas, comentaremos exemplos reais de campañas de publicidade e outros campos nos que se exerce violencia contra as mulleres de maneira socialmente aceptada. Todo isto co obxectivo de podermos aprender xuntas, facernos máis forte e detectar e eliminar estes micromachismos que fortalecen o patriarcado.