Obradoiro sobre Violencia Invisibilizada, xoves 7 n’A Coruña

Con quen falabas? Os nenos non choran! Vas demasiado sexi! Quen te chamou? Que hai de cea? …

11174287_711705672272562_106587406137925053_oOs micromachismos son unha forma de violencia cotiá que se exerce contra as mulleres para coartarnos e agredirnos.

Este xoves 7, Galiza Nova realizará ás 20:30h no Café-Bar O Mentireiro d’A Coruña un Obradoiro sobre violencia invisíbel, con Alba Sánchez Castanedo (Galiza Nova) e Avia Veira (concelleira do BNG), a onde animamos á mocidade a achegarse, falar, debater e aportar novos puntos de vista para que, entre todas e todos, poidamos localizar e combater os micromachismos no día a día dunha maneira máis sinxela e eficiente.

Hoxe por hoxe, ficamos rodeadas permanentemente destas situacións, e ese é só un dos moitos motivos de importancia polos cales temos o deber e a obriga de recoñecelos e actuar fronte estas situacións.

Achégate e participa!