Os Reis Magos de Galiza Nova visitan ao Alcalde de Cambre

Galiza Nova

Galiza Nova da comarca da Coruña cumpriu un ano máis coa súa clásica cita na véspera de Reis, destavolta, o Concello de Cambre foi a parada escollida.

Logo de saír laiandose na prensa no día de onte sobre o seu frustado Plan Xeral de Ordenación Municipal, Manuel Rivas, alcalde do PP de Cambre, recibiú hoxe unha visita inesperada e cargada de agasallos.

Agasallos simbólicos para o Alcalde de Cambre pola súa nefasta xestión no último ano

Galiza Nova, mocidades do BNG, fíxolle entrega, através do Rexistro Municipal dunha serie de agasallos alegóricos á súa xestión no último ano. Gaspar entregoulle un disco do grupo “El Consorcio” titulado no cénit da casualidade “Lo que nunca muere” en clara alusión á frustrada vontade do PP de liquidar o Consorcio das Mariñas e resucitar a Área Metropolitana, e ao esperpento protagonizado en datas recentes por alcaldes, plenos municipais e interventores varios en relación co asasinato non consumado do ente supramunicipal. Desde Galiza Nova animan ao rexedor a montar un guateque co resto de alcaldes da comarca e bailar ao son de tan oportuno LP.

P1040989

Melchor achegou unhas velas en clara alusión ao apagón sufrido nas parroquias de Sigrás, Meixigo e o propio núcleo de Cambre na pasada Noiteboa. E Baltasar fixo entrega dun tren de xoguete, un tanto paupérrimo e raquítico, como o servizo que presta Renfe en Cambre e Cecebre logo dos recortes perpetrados polo Partido Popular.

Desde a organización xuveníl nacionalista destacan que a loita diaria na rúa e nas aulas, non está exenta de certas doses de retranca, é por eso que Galiza Nova, integrada por unha mocidade alegre e combativa, realiza ano tras ano unha actividade que é xa un clásico na programación de Reis da Comarca da Coruña e que logo de visitar A Coruña, Arteixo, Betanzos, Oza dos Ríos e Cambre, camiña xa pola súa decimosegunda edición.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *