Os Reis Magos na Coruña tamén rexeitan a incompetencia municipal

Como xa vén sendo costume por estas datas, os Reis Magos convidados pola nosa organización farán a súa tradicional entrega ao alcalde da comarca da Coruña que fixo máis méritos ao longo do ano para merecer unha serie de agasallos cargados de retranca e que representan a incompetencia do seu goberno municipal.


Este ano o escenario escollido para a visita dos Reis Magos será o concello da Coruña e o seu destinatario, o alcalde Carlos Negreira
.

Alén dos Reis Magos, o Apalpador manifestou o seu apoio total á iniciativa dos seus compañeiros. Porén, non poderá asistir ao acto por temerse que a súa presenza no Pazo de María Pita sexa considerada “demasiado gallega” polo señor Negreira e, en todo caso, déixalles unha pequena sorpresa para que a entreguen no seu nome.

Para poderes ver a entrega de agasallos, este VENRES 4 ás 11:30 na entrada do Pazo de María Pita.