A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova Pontevedra organiza o venres 20 de outubro ás 19:30 no bar MoMa Music Hall un coloquio para tratar a nosa postura ao respecto dos ventres de alugueiro. Falouse intensamente do tema nos últimos tempos, con iniciativas lexislativas que pretenden regular esta práctica. Nós opoñémonos a que fagan negocio cos nosos corpos e cremos necesario abrir un debate ao respecto para facer fronte á desinformación que aínda rodea á “maternidade subrogada”.
O coloquio correrá a cargo de Ana Bringas, responsábel do Grupo de Traballo de Acción Feminista do BNG, e Uxía Couto responsábel comarcal da Asemblea de Mulleres. Vémonos este venres para falar, esclarecer dúbidas e debater!