Palestra “Non estás a ligar, estás acosando” en Caldas

A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova Umia organiza o próximo sábado 26 de maio as 19:00 no Auditorio Municipal de Caldas unha charla-coloquio onde falaremos sobre acoso machista, como identificalo e combatelo. Xuntas debateremos sobre esta realidade respaldada polo sistema capitalista e patriarcal.

Por iso, desde Galiza Nova queremos concienciar e ter un espazo seguro no que debater sobre este tema de tanta actualidade, para o que contaremos coa presencia de Came Fouces, Concelleira de Igualdade em Pontevedra, e de Ángela Aboy ,da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova.