Palestra sobre a memoria histórica no Baixo Miño

IMG_2760Este venres 26 de agosto, ás 20:30 horas, Galiza Nova organiza no Baixo Miño unha palestra sobre a memoria histórica, que terá lugar na aula da UNED de Tui.

Contaremos coas intervencións de Elena Mansinho, simpatizante de Galiza Nova; Alberte Mera, Secretario Xeral de Galiza Nova; Marga do Val, escritora; Alfonso Álvarez Cáccamo, escritor; e Luis Bará, cabeza de lista do BNG por Pontevedra nas eleccións galegas.

Após as intervencións, faremos un recorrido con parada diante da pintada fascista feita na Igrexa de San Domingos e con final no monumento ás vítimas do franquismo, onde será feita unha ofrenda floral e cantado o himno nacional.

A mocidade galega non esquece. Estamos fartas de que nos sexa ocultado o noso pasado, queremos coñecelo para conquistar o futuro!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *