Chamamos a mocidade que este domingo votará por primeira a vez protexerse co seu voto, apoiando ao BNG-Asembleas Abertas para crear concellos para a mocidade vivir, gozar, sentir… un voto nacionalista e revolucionario!
Galiza Nova emprendeu a campaña “Para todo hai unha 1ª vez”, coa que as mocidades do BNG estamos a distribuír nos concellos galegos un díptico que, no seu interior, contén un preservativo.
Deste xeito chamamos ao voto para o BNG-Asembleas Abertas das persoas que votan por vez primeira nestas eleccións, para protexerse das políticas do PP e dos partidos de obediencia a Madrid. Segundo Alberto Oubiña, candidato en Pontevedra e responsábel de organización de Galiza Nova, que presentou esta mañá a campaña na cidade do Lérez, “nada lles importan aos partidos españois as problemáticas da mocidade galega e do noso país, porque son obedientes ao que desde alí ordenan”.
O díptico ten a intencionalidade de animar a xuventude a rebelarse co seu apoio ao Bloque Nacionalista Galego nas eleccións do vindeiro domingo.
Por que para todo hai unha 1ª vez, protéxete co teu voto