Parabéns compañeiro Hassanna, Sáhara libre!

hassanaDesde Galiza Nova aledámonos pola decisión xudicial adoptada de admitir a trámite o recurso presentado polo activista sahariano Hassanna Aalia e recoñecer o seu status de refuxiado político após terllo denegado o goberno español. Así as cousas desde Galiza Nova continuamos a denunciar o carácter ilexítimo da condena imposta por un Tribunal Militar marroquí que impide a Hassanna Aalia voltar á súa terra desde 2011. Ao mesmo tempo amosamos máis unha vez a nosa solidariedade co pobo sahariano e coa súa loita polo dereito de autodeterminación que permita recuperar o Sáhara para o pobo sahariano pondo fin á ocupación marroquí.