Paremos o feminicidio. Domingo 22 concentracións na Galiza!

revAnte o asasinato de dúas crianzas (de 9 e 10 anos) en Moraña por parte do seu pai para, segundo as fontes, vingarse da súa ex parella; desde Galiza Nova queremos expresar toda a solidariedade coas vítimas, familia e amizades, e chamamos a toda a mocidade galega a mobilizarse nas concentracións convocadas para este domingo para visualizar coa forza de todo o pobo a repulsa e condena ao terrorismo machista. Aliás, denunciamos o asasinato machista de dúas mulleres no Estado Español, en Madrid a mans do fillo, e en Palma a mans da ex parella.

Concentracións, domingo 22 de agosto:

A Coruña – Obelisco
Compostela – Praza 8 de Marzo
Pontevedra – Praza 8 de Marzo
Vigo – MARCO
Ferrol – Praza do Concello
Ourense – Castañeira, subdelegación do goberno

Estamos fartas de sermos asasinadas, e non podemos nin queremos soportar ningún recorte en igualdade nin ningún recorte en axudas ás vítimas do terrorismo machista. Temos que continuar saíndo á rúa para denunciar todo tipo de violencia que se exerce sobre as mulleres e condenar políticas retrógradas do goberno que está a usar a crise como escusa para xustificar o desmantelamento de todos os avances e dereitos conseguidos até hoxe, deixando na indefensión ás mulleres vítimas da violencia machista.

Revírate contra a violencia machista!