Participa coas túas propostas no encontro xuvenil con Ana Miranda en Carnota

encontroAcode ao encontro xuvenil na Praza de Carnota coa candidata do BNG ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, este venres 18 de abril ás 17:00 horas. Neste encontro aberto organizado por Galiza Nova analizaremos as principais problemáticas que padece a mocidade da Costa da Morte: desemprego xuvenil, emigración, o pésimo transporte público, a escasa oferta de formación profesional e a falta de recursos nas políticas que exercen os gobernos do PPSOE nos concellos da comarca. Participa, achéganos as túas inquedanzas, propostas e alternativas.

Queremos vivir e traballar con dignidade e na nosa terra!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *