PARTICIPA COAS TÚAS PROPOSTAS NO ENCONTRO XUVENIL CON ANA MIRANDA EN OURENSE

ourense benParticipa este venres 25 de abril ás 17h, no encontro coa mocidade de Ourense. Neste encontro aberto realizaremos un coloquio coa participación do Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, a candidata do BNG ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, e Davinia Rubinos, militante de Galiza Nova e membro da candidatura do BNG; e terá lugar diante da Casa da Xuventude de Ourense, na Rúa Celso Emilio Ferreiro. Falaremos das principais problemáticas que padece a mocidade como é o desemprego e a emigración xuvenís e a precariedade á que nos condenan as políticas da Unión Europea aplicadas polo goberno español.
Participa, achéganos as túas inquedanzas, propostas e alternativas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *