Participa da concentración en Marín contra o asasinato machista de Isabel Pérez

revAnte o asasinato machista de Isabel Pérez, Galiza Nova quere expresar toda a solidariedade coa súa familia e amizades, e chama á veciñanza a participar da concentración convocada pola Comisión de Mulleres do BNG do Morrazo para o xoves 2 de xaneiro ás 20:0h na Praza 8 de marzo, para visualizar coa forza de toda a cidadanía a repulsa e condena á violencia machista.

Non podemos soportar ningún recorte en igualdade nin ningún recorte en axudas ás vítimas do terrorismo machista. Temos que continuar saíndo á rúa para denunciar todo tipo de violencia que se exerce sobre as mulleres e condenar políticas retrógradas do goberno que está a usar a crise como escusa para xustificar o desmantelamento de todos os avances e dereitos conseguidos até hoxe, deixando na indefensión ás mulleres vítimas da violencia machista.

Revírate contra a violencia machista!