Participa da homenaxe da mocidade a Rosalía e Castelao!

TarxetonHomenaxe14Como cada véspera do Día da Patria, Galiza Nova reivindicará no 24 de Xullo a dúas das figuras máis importantes da nosa nación, Rosalía de Castro e Daniel Castelao, dous símbolos e exemplos para todas as mozas e mozos que día a día loitamos polos dereitos colectivos que como nación nos pertencen.

Este ano, a homenaxe decorrerá ás 17.30hs no Parque de Bonaval, xa que se nos impide realizala no interior do Panteón de Galeg@s Ilustres por atoparse este espazo ocupado cunha exposición relixiosa da Xunta de Galiza, motivo que impide a realización de actos de lembranza e homenaxe aos nosos patriotas neste mes da Patria.

Contaremos nesta edición da homenaxe da mocidade a Rosalía e Castelao con ALDAOLADO, o espectáculo poético a cargo de LUCÍA ALDAO E MARÍA LADO, e coa actuación musical de CAXADE, ademais das intervencións políticas a cargo do Secretario Xeral de Galiza Nova, ALBERTE MERA, e do Secretario de Organización do Bloque Nacionalista Galego, BIEITO LOBEIRA.

Vémonos o 24 pola tarde!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *