Participa do acto co que Galiza Nova conmemora en Lugo o 65 aniversario do éxodo palestino.

Este sábado 18 de maio a nosa organización proxectará en Lugo o documental “Atirar num elefante” con motivo dos 65 anos da ocupación israelí dos territorios palestinos. Será ás 19:30 horas no local da AC Cultura do País (Carril das Hortas) de Lugo.

 

Continúan así os actos cos que Galiza Nova quere lembrar os 65 anos do Al-Nakba expresión coa que se denomina o desastre daquela data na que milleiros de palestin@s foron expulsad@s das súas casas e trasladad@s a campos de refuxiad@s.

 

Paz e liberdade para Palestina!