Participa este venres 27 de decembro no encontro xuvenil que Galiza Nova realizará en Taboada, ás 19 horas na Casa da Cultura. Vén coñecer a Galiza Nova no teu concello, debater sobre as principais problemáticas que está a padecer a mocidade galega, así como deseñarmos coa túa implicación as alternativas necesarias para facermos da nosa localidade e do noso País unha terra de futuro e vida dignas para a mocidade galega.
Contamos contigo!