Non perdas este sábado o obradoiro de construción de pandeiro que Galiza Nova organiza en Ourense, en colaboración coa Agrupación Cultural Auriense!
O obradoiro estará impartido polo gran Xaneco Tubío, que se adica á fabricación, reparación e restauración de instrumentos tradicionais galegos de percusión (pandeiretas, tambores…) e zanfonas, ademais de xoguetes sonoros tradicionais.
O horario vai dende as 9 ata as 13:30, e retomarémolo pola tarde dende as 15 até as 18:30h.
Podes inscribirte en acauriense@gmail.com ou en gznovaou@gmail.com.
Achégate para aprender a construír o teu propio pandeiro, un instrumento fundamental na música tradicional galega!