Participa do obradoiro de sexualidade e diversidade en Vigo

obradoiro vigoEste venres 16 organizamos en Vigo un Tuppersex con Mai Insua, psicóloga e terapeuta sexual dende a perspectiva de xénero e diversidade sexual. Convidámoste a participar deste coloquio sobre a importancia da sexualidade libre, gozosa e segura, desterrando etiquetas, sen estereotipos nin opresións, e onde tamén presentaremos e repartiremos ás persoas asistentes a guía de sexualidade editada por Galiza Nova e que dará pé ao coloquio aberto sobre sexualidade e diversidade. O obradoiro será presentado por Jéssica García, Responsábel Comarcal de Galiza Nova en Vigo.

Será ás 20:30h no Bar Batallón (Rúa Martín Códax, 17, Vigo).

Son múltiples as barreiras no camiño cara a unha sexualidade que sexa, por riba de todo, libre e gozosa, mais urxe derrubalas.