Participa este domingo do roteiro polo Pindo!

1468594_810934758968103_4627366059663146425_nLogo de cumprirse un ano dos lumes que arrasaron con 2500 hectáreas do Monte Pindo, Galiza Nova organiza un roteiro guiado pola zona danada para estudar a situación e as perdas na biodiversidade e os mecanismos precisos para a recuperación e protección, ante unha Xunta que continúa ser tan neglixente coma culpábel. Será este domingo 26 de outubro.

Para trasladarnos até a zona dispoñemos dun autobús coas seguintes paradas:

Mondariz, 7.45h
Ponteareas, 8.00h
O Porriño, 8.15h
Vigo, 8.35h
Pontevedra, 9.00h
Compostela, 9.35h
* Hora de regreso ás 18.30h

Recomendamos roupa e calzado axeitados para o roteiro. Xantaremos na metade do roteiro, polo que cada persoa debe levar auga e xantar.

Para anotarse envía un correo a galizanovaocondado@gmail.com ou ponte en contacto con nós no 699 704 044

As prazas son limitadas por motivo do autobús. O último día para anotarse é o venres 24.

O macizo pétreo do Monte Pindo é apreciado polas raras calidades xeolóxicas que o compoñen, principalmente granito rosa e pola presenza de abondosas especies naturais protexidas e únicas como é o Carballo Anano (Quercus lusitanica Lam), unha especie autóctona do Mediterráneo sur occidental ou o Lirio de monte e o lirio do Xurés (Iris boissieri). Tamén é un espazo de importancia ambiental pola fauna que o habita como o gato montés ou gato bravo (Felis silvestris), e como non! polos mitos e historias da raíña Lupa e demais contos populares e pagáns que lle outorgaron o nome do Olimpo Celta. A historia que o rodea ten moito a ver coa Fervenza do Ézaro, cuxa protección segue a ser pouco máis ca nula nas mans dunha Xunta de Galiza inoperante e directamente responsábel da destrución dos nosos espazos naturais.