Participa en toda GZ das actividades da Caravana Feminista

11267212_10153375711393808_143021088_oDesde a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova damos unha calurosa benvida á caravana feminista da Marcha Mundial das Mulleres, a cal foi ao encontro de mulleres que loitan e resisten nos seus pobos contra a violencia, a austeridade, a pobreza, o racismo, o fascismo, a lesbofobia e calquera opresións que fai a vida das mulleres máis difícil.

Baixo o lema “Seguiremos en marcha até que todas sexamos libres!”, a IV Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres partiu o pasado 8 de marzo do Kurdistán e rematará o próximo 17 de outubro en Lisboa (Día Internacional pola eliminación da pobreza), de maneira que simbolizan a loita contra a feminización da pobreza.

A nível mundial poucos dados son necesarios para comprender a diferente consideración en función do sexo. No mundo as mulleres son propietarias do 1% da terra, mais son a forza produtiva maior e as que máis traballo realizan comparativamente. Neste senso, aos propios organismos internacionais non lle quedou máis remedio que recoñecer a realidade dunha feminización da pobreza. En todo o mundo a violencia contra as mulleres está presente tanto física como estruturalmente. Violencia que se pon de manifesto no número de mulleres asasinadas cada ano polos seus “compañeiros”, no desigual reparto das tarefas, na maior taxa de desemprego feminino, no acoso sexual, na diferenza salarial ou nas modernas formas de opresión.

Neste ano ten maior relevancia a Acción Internacional da MMM pola chegada de refuxiadas sirias a unha Europa hipócrita e que se sumou ao resto de conflitos bélicos existentes no mundo, aínda que moitos destes sexan silenciados. Conflitos nos que toda a poboación sofre, pero que ten consecuencias máis dramáticas para os grupos máis desprotexidos, neste caso as mulleres.

Por iso, alédanos a chegada da caravana feminista a Galiza o próximo 5 de outubro, a cal percorrerá Ferrol, Narón, San Sadurniño, Betanzos, Compostela, Vilar de Barrio, Allariz, Ourense, Vigo e Tomiño ate o 12, día no que partirá cara Portugal. Ao longo do seu paso por Galiza a MMM organizou todo un programa de actividades de lecer e formación. Desde a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, animamos a todas as mozas galegas a participar do seu programa os días nos que se atope entre nós.

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES:

5 DE OUTUBRO – FERROL

18:30h Chegada da Caravana Feminista a Galiza: Esperaremos á Caravana Feminista no Polígono do Río do Pozo en Narón para saír en Caravana ata Ferrol.

19:00h Recibimento da Caravana Feminista en Ferrol no Cantón de Molíns, donde haberá un acto festivo, lúdico e reivindicativo.

6 DE OUTUBRO – SAN SADURNIÑO e NARÓN

11:00h Recibimento da Caravana Feminista na Casa da Cultura de San Sadurniño.

11:30h Encontro e intercambio de experiencias entre as mulleres da Caravana e as mulleres que viven e traballan no rural.

14:30h Xantar e posterior visita das mulleres da Caravana á plantación de froiteiras do país promovida polo Concello de San Sadurniño

19:00h Recibimento da Caravana Feminista no Pazo da Cultura de Narón.

19:30h No Café-Teatro do Pazo da Cultura, Palestra sobre Ecofeminismo e realidade medioambiental da comarca.

7 DE OUTUBRO – BETANZOS e SANTIAGO DE COMPOSTELA

11:00h Recibimento da Caravana na Ribeira, faremos un percorrido pola zona vella de Betanzos acompañadas de
pasarrúas ata chegar a Praza de Betanzos (García Hermanos)

11:30h Mercado Local con productos labregos da zona na Praza de Betanzos e se o tempo o impide será no Edificio Liceo, tamén situado na mesma praza.

13:30h Xantar de convivio coas mulleres labregas e exposicón de fotos no Edificio Matadoiro en Betanzos. O xantar será compartido por tódalas mulleres que participen na xornada. Teremos un tempiño de conversa coas mulleres da Caravana

17.30h Benvida á Caravana Feminista da MMM en San Lázaro. Pasarrúas con Batucada: San Lázaro, Fontiñas, Concheiros, Rúa de San Pedro, Porta do Camiño .. Primeira parada: Libraría de Mulleres Lila de Lilith, a continuación Praza de Cervantes, Preguntoiro, Orfas, Praza de Toural, Porta Faxeira e Alameda .. Segunda parada: As Marías, As dúas en punto, é o nome co que se coñece en Santiago de Compostela a parella formada polas irmás Maruxa (morta no1983) e Coralia Fandiño Ricart (falecida no 1980), representadas dende hai anos nunha célebreescultura situada no parque da Alameda. Falará: Encarna Otero, profesora de historia e gran coñecedora da historia da cidade.
Unha vez rematada a visita a Alameda, voltamos a Porta Faxeira e dirixímonos á Galería Sargadelos, espazo onde desenvolveremos distintas actividades:
Actuación dun grupo de voces de mulleres a capela.
Actuación de Mónica de Nút
COLOQUIO
Muller e Arte, coa intervención de Encarna Otero
Ecofeminismo e soberanía alimentaria, coa intervención de Pura Seoane e Rebeca Raso.
Muller e Corpo, coa intervención de Mai – Lésbicas Creando
Actuación de Alba María

8 DE OUTUBRO – VILAR DE BARRIO e ALLARIZ

11.00h Visita a As Corcerizas en Vilar de Barrio, un proxecto xestionado por Amigas da Terra – aliada internacional da Marcha Mundial das Mulleres- de vida sustentábel no que coñeceremos os diversos proxectos que permiten facer da instalación unha construción autosustentábel.

12.00h Solta dun ave rapaz recuperada no Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Alto do Rodicio

14.00h Xantar colaborativo as Corcerizas, coa colaboración do Centro Social A Cambalhota de Allariz.

18.00h Encontro coas mulleres de Allariz no Fogar do Maior. Organizado coa colaboraci´ñon do Concello de Allariz haberá un intercambio entre as experiencias das mulleres da Caravana Feminista e do rural. Ao remate haberá unha cea partillada en Allariz.

9 DE OUTUBRO – OURENSE

11.00h Benvida da Caravana Feminista na Praza Maior a través dun acto festivo, lúdico e reivindicativo cunha
alfombra de sementes e actuación musical.

12.00h Encontro das Mulleres da Caravana que explicarán aos meios esta IV Acción Internacional.

14.00h Xantar colectivo na Praza de San Marcial

17.00h Encontro de Intercambio de Sementes na zona do Rianxo da Praza de Abastos nº1 de Ourense. Feira de intercambio de sementes autóctonas con produtoras e labregas locais. Ademáis haberá unha exposición da Marcha Mundial das Mulleres sobre a Soberanía Alimentaria e unha presentación do traballo das organizacións Marcha Mundial das Mulleres, Amigas da Terra e Grupo de Consumo Semente/Xurumelxs xunto con produtoras locais e veciñas que venden no Rianxo da praza.
20.00h Concerto de despedida da Caravana de Ourense no Café Cultural El Pueblo, nel participarán solidariamente con seu apoio e asistencia As da Chispa, The Tetas’Van e Transxenéricas.

10 DE OUTUBRO – VIGO

Todos os actos terán lugar no Parque de Castrelos

12:00h Concentración Praza dos Cabalos . Caravana a Castrelos

12:45h Acto de benvida en Castrelos coa actuación de Aureas

13:30h Palestra: Experiencias da Caravana

14:30 Xantar

16:30h Obradoiro : Violencia de xénero

18:30h Obradoiro de Batucada

20:00h Participación na manifestación contra o TTIP

21:00h SERÁN

11 DE OUTUBRO – VIGO

Todos os actos terán lugar no Parque de Castrelos

11:30h Proxección “Un mar de mulleres”

12:30h Palestra: Mulleres do Mar

14:00h Xantar

16:30h Obradoiro “As mulleres nas letras”

18:00h Obradoiro Corpo e expresión corporal

20:00h Acto de despecida con benvida ás compañeiras portuguesas que collen o relevo da caravana. CONCERTO: Presenta
Arantxa Treus e participan coa súa actuación solidaria Mónica de Nut, Punkiereteiras e Habelas Hainas.

12 DE OUTUBRO – de GALIZA a PORTUGAL parada en TOMIÑO

11.00h Benvida á caravana Feminista no mercado de Tomiño.

Actuación de Acevedos Delgados
Intercambio de Experiencias da Caravana
Petiscos
Performance das Ghatas Salvaxes
Exposición itinerante da Caravana durante a xornada.

16.00h Saída da Caravana cara Porto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *