Participa no I concurso fotográfico xuvenil GALIZA-LGTBI

CARTEL GN CERTAME2Realiza unha ou máis fotografías e participa no I concurso de fotografía xuvenil Galiza-LGTBIO que che gustaría ver detrás é cousa túa”, organizado pola Comisión de Liberdades Sexuais de Galiza Nova.

Envíanos fotografías sobre un feito, situación ou circunstancia que consiga expresar con especial sensibilidade e habilidade as diferentes maneiras de visibilización LGTBI (lesbiana, gay, transexual, bisexual, intersexual). Todas as fotos recibidas serán expostas na nosa web e no perfil de facebook, a través do cal poderás votar pola mellor foto dándolle a gústame.

As 11 fotos que obteñan máis gústames participarán dunha exposición itinerante, e as dúas fotos gañadoras recibirán como premio unha fin de semana para dúas persoas nunha casa rural, unha cámara dixital, ademais de seren a imaxe da campaña do Orgullo 2014 de Galiza Nova e de seren publicadas no semanario Sermos Galiza.

Prazo de envío de fotos: até o 10 de marzo ao correo nacional@galizanova.org

Participa!