Galiza Nova organiza en Ourense este mércores 25, ás 19:45 horas, no Local Comarcal do BNG (Rúa da Concordia, nº 29 -5º), un obradoiro de seguridade informática.
Será impartido en colaboración coa empresa NQysit SoftWare e nel trataremos a sobre exposición á que nos vemos sometidos na rede, localizando os principais problemas de seguridade e tratando de subsanalos para evitar os problemas que nos podemos atopar con frecuencia.
Achégate e participa, non permitas que outras persoas controlen os teus datos na rede!