Participa nos actos contra a LOMCE deste 13 de novembro

DSC06101.grandeA Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público vén de presentar na mañá de hoxe  en rolda de prensa o programa dos actos contra a LOMCE que se realizarán na tarde do vindeiro mércores, 13 de novembro, en Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo, Pontevedra, Ferrol e Carballo.

A Plataforma, da que Galiza Nova fai parte, continúa así co seu calendario de actividades nas que se esixe a retirada inmediata da Lei da Wertgoña. Estas novas actividades, que incluirán actuacións musicais, teatro, maxia e participación de escritores e escritoras terán continuidade proximamente cunha  entrega de sinaturas contra a LOMCE de persoas vinculadas ao mundo da cultura, que están a dar o seu apoio ao manifesto “Cultura contra a LOMCE”.

Bótalle un ollo aos actos convocados:

Santiago

Biblioteca Ánxel Casal, 19:00h. Participarán: – Federico Pérez Rey (actor), Berta Dávila (escritora), Suso de Toro (escritor), Quico Cadaval (director e actor). Actuacións musicais a cargo de: Sonia Lebedynski (música e profesora), Alonso Caxade (músico e profesor), Najla Shami e a coral de Solfa.

A Coruña

Auditorio Andrés Gaos (Conservatorio Superior da Coruña), 19 h.Participarán:- César Cambeiro, Combo de Jazz do Conservatorio, Magín Blanco, María Canosa, Martín Camiña, Pedro Brandariz, Tombalobos Orquestra, Xabier Díaz…

Vigo

Marco (rúa do Príncipe), 20h.Participarán:- Ferreñudos do Morrazo Ghaiteiros Subwertsivos, Tino Baz, Marta Quintana, Laura Quintillán e Alumnado e profesorado AntiLOMCE.

Lugo

Salón de Actos da casa sindical, 20h.Participarán- Isidro novo (poeta). Coro AntiLOMCE lugués, Ensemble de clarinetes do CMUS de Lugo, Vaitewert Folk, Ailalelos trío e Tundal.

Ourense

Auditorio municipal (rúa da canle, 2), 19:30h. Participarán- Xose Lois González “O carrabouxo” e Teresa Devesa. Actuarán Terra Morena e o Gaiteiro Anónimo.

Ferrol

IES Concepción Arenal, 19.00Participarán – Antón Cortizas, “Exame tipo Lomce”, Mago Fiz, Grupo de Teatro da Sociedade Cultural Medulio, Miguel Neira (músico), actuación musical a cargo do alumnado do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol, lectura de textos a cargo de alumnado de distintas etapas educativas.

Pontevedra

Galería Sargadelos, 19.30Participará- Carlos do Viso (músico)

Carballo

Pazo de Cultura de Carballo, 19,30- Actuación musical do grupo Mala Vida