Performance contra a violencia machista

IMG_20140320_1336165 foron as mulleres asasinadas en tan só 48 horas. Esta é a crúa realidade do estado español, que computa 658 asasinadas vítimas da violencia machista nos últimos 10 anos.

Mozas da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova debuxamos cinco siluetas esta mañá na Praza do Toral de Compostela para lembrarmos ás vítimas do machismo, mentres visualizabamos lemas contra a violencia.

Desde Galiza Nova reiteramos mediante esta acción a exixencia ao goberno de que cese de recortar en igualdade e en axudas ás vítimas do terrorismo machista, e anunciamos que continuaremos saíndo á rúa para denunciar todo tipo de violencia que se exerce sobre as mulleres e condenarmos as políticas retrógradas do goberno que está a usar a crise como escusa para xustificar o desmantelamento de todos os avances e dereitos conseguidos até hoxe, deixando na indefensión ás mulleres vítimas da violencia machista.

IMG_20140320_134139

Revírate contra a violencia machista!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *