Poesía, fotografía, música e realidade da Galiza LGTBI

cartaz lgtbi 6xuñoGaliza Nova organiza un novo evento de reivindicación das liberdades sexuais o 6 de xuño con palestras, coa poesía de Lucía Aldao e María Lado, inauguración da exposición fotográfica Galiza LGTBI, festa e DJ.

O vindeiro venres 6 de xuño no Pub Ultramarinos (rúa das Casas Reais, Compostela) inauguraremos a exposición Galiza LGTBI coas fotografías que resultaron máis votadas nas redes sociais no marco do concurso fotográfico xuvenil organizado pola Comisión de Liberdades Sexuais de Galiza Nova, que contou con máis de 40 participantes, e daremos os premios ás persoas gañadoras nomeadas polo xurado (conformado por profesionais da fotografía e audiovisual galego).

Non perdas este gran evento de reivindicación, ideas, arte e festa en defensa das liberdades sexuais e de visibilización da mocidade LGTBI (Lesbiana, Gay, Transexual, Bisexual e Intersexual).

Programa:

20:00h Palestra-coloquio

ALFREDO SABORIDO (Asociación Sexus): “A igualdade e a educación sexual
dende a sexoloxía”

23:00h ENTRADA 3 EUROS

LUCÍA ALDAO e MARÍA LADO: “Poesía e outras cousas de ALDAOLADO”

Presentación da exposición fotográfica
GALIZA LGTBI e entrega de premios

Festa e DJ coa mellor música