A Galiza do futuro debe partir dun compromiso activo coa aplicación transversal de políticas
feministas e de garantía plena dos dereitos LGTBI, de cara a unha sociedade que supere o
patriarcado e garanta a igualdade real, sen discriminación por xénero ou orientación sexual.
Para iso, asuminos e aplicaremos as seguintes medidas:
—Reverter os recortes aplicados polos gobernos do PP en materia de recursos e medios
destinados a promover a igualdade.
—Impulsar a visibilidade e a participación das mulleres nos espazos de participación e decisión
de carácter publico ou privado.
—Incluír nos pregos de contratación das empresas penalizacións e restrición de contratos por
causa de discriminación por xénero ou orientación sexual.
—Obxectivo cero violencia:
- ·Asumir as competencias para crear xulgados de violencia de xénero nas sete cidades
galegas e acompañalas de instalacións que garantan a seguridade e intimidade das
vítimas. - ·Elaboración dun Estatuto de Vitima do Feminicidio e inclusión do termo na lexislación
galega contra a violencia de xénero, aumento das contías orzamentarias e diálogo social
para a mellora do marco legal. - ·Elaboración dun Plan Galego de prevención e concienciación social sobre a violencia
machista. - ·Recuperar o réxime sancionador da lei de 2014
- ·Instar os medios de comunicación para que fagan un tratamento adecuado das noticias
sobre a violencia machista, visibilizándoa e evitando o sensacionalismo morboso e a
linguaxe e imaxes sexistas.
—Fomentar a contratación e inserción laboral das mulleres a través de políticas activas
específicas de emprego.
—Dignificar o traballo non remunerado realizado maioritariamente polas mulleres cuantificando
a súa contribución á economía
—Revisar, con diálogo social e asociacións e colectivos feministas, as normas e orientacións
políticas dos últimos anos de goberno do PP e mudar aquelas que se enmarcan nunha liña de
recuperación e protección dos valores tradicionais do patriarcado.
—Promover a investigación dos aspectos relacionados coa seguranza e coa saúde laboral das
mulleres, especialmente naqueles sectores e categorías profesionais cunha forte presenza
feminina.
—Utilizar a linguaxe inclusiva e non sexista en todas as institucións e organismos públicos
e oficiais.
—Elaboración dunha “Lei galega para garantir os dereitos do colectivo LGTBI e erradicar a
homofobia, a bifobia e a transfobia” que substitúa a “Lei 2/2014, de 14 de abril, pola igualdade de
trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia”,
elaborada co apoio das asociacións e activistas LGTBI, que recolla medidas contundentes e un
réxime sancionador efectivo. Xirará, sen prexuízo de outras medidas, ao redor dos seguintes
ámbitos:
- Saúde: formación transversal do persoal de saúde, protocolos específicos, en especial
para o colectivo trans e de forma non patoloxizadora; estudos específicos sobre as súas
necesidades médicas, con especial atención ao alto número de sucidios no colectivo
LGTBI. - Educación: formación transversal do persoal educativo; protocolos contra o acoso
lgtbifóbico; inclusión da diversidade de sexualidade e de xénero nos programas docentes. - Laboral: elaboración plano específico de inserción laboral para o colectivo LGTBI; deseño
de protocolo contra agresións lgtbifóbicas e discriminación no terreno laboral; deseño de
programas formativos nas institucións públicas. - Mocidade e familia: disposición de recursos para evitar problemas de suicidio, saúde
mental, ETSs; potenciación centros de apoio e asistencia ás familias e mozas en situación
de vulnerabilidade, con especial atención ao espazo rural. - Administración: formación de axentes de policía e elaboración dun protocolo contra
agresións lgtbifóbicas; disposición das medidas oportunas para garantir o tratamento
no xénero real perante calquera institución galega sen necesidade de pasar por procesos
de hormonación ou cirurxía de reasignación sexual, nin pedindo como requisito o
diagnóstico médico de “disforia de xénero”, tanto para maiores como para menores de
idade. - Cultura: disposición nas bibliotecas públicas dunha sección de recursos audivisuais
e escritos específicos; apoio aos proxectos culturais e artísticos de temática LGTBI;
campañas de promoción da diversidade e o respecto e contra a lgtbifobia nos principais
medios de comunicación.
—Inclusión da Cirurxía de reasignación sexual, así como todos os outros tratamentos, asistencia
e asesoramento, tanto físicos como psicolóxicos, que constitén o tránsito das persoas trans
(hormonación, asistencia psicolóxica, masectomía, histeroctomía, clases de modulación da voz,
etc) no SERGAS, de forma totalmente gratuita e garantindo um período máximo de espera
razoável, así como un carácter non patoloxizante, tránsfobo nin paternalista de todo o proceso.
—Impulso das asociacións LGTBI e estabelecimento dun diálogo continuo e estreito con elas
para o tratamento das diversas necesidades do colectivo e elaboración de medidas lexislativas e
campañas de conscientización e contra a discriminación. Facilitación de espazos públicos para as
súas actividades.
—Realización de campañas públicas de conscientización durante todo o ano, mais especialmente
ao redor de datas asinaladas como o 17 de maio (Día internacional contra a lgtbifobia), 28 de
xuño (Día do orgullo LGTBI) ou o 1 de decembro (Día contra a SIDA)
—Creación dun Observatorio Galego contra o machismo e a lgtbifobia con persoal especializado,
entre cuxos ámbitos de acción estean os medios de comunicación, o ámbito laboral,
administrativo, educativo ou da saúde, entre outros, de forma que elabore estudos periódicos e
propoña estratexias de intervención.
—Impulsar protocolos específicos e plans de actuación destinados a fomentar o respeito e
aceptación da diversidade afectivo-sexual nos entornos rurais.
—Recoñecer o dereito das mulleres á baixa laboral durante a menstruación, cando esta sexa invalidante. Fomentar a investigación sobre o transtorno, así como demandar o tipo de ive superreducido nos produtos de hixiene íntima.
—Sancionar administrativamente ás empresas que cometan accións de discriminación salarial ou profesional por cuestións de xénero.
—Non destinar fondos públicos a ningún acto ou evento onde se faga apoloxía da cultura machista ou se reproduzan estereotipos patriarcais.
—Recuperación das funcións dos Centros Quérote+ desmantelados polo PP. Incrementar o persoal (incluída a formación), delegacións, servizos de atención (telefónico como presencial) e conexión con centros educativos, xuvenís e de saúde dos Centros Quérote+ de todo país. Aumento do número de Centros Quérote+ nas vilas pequenas e medianas; ademais de implementar novos eixos de actuación, un incremento considerábel nas partidas orzamentarias e unha maior ligazón coa mocidade.
—Declaración dos crimes lgtbifóbicos como delitos de odio e non como mero agravante. Impulso dun Plan Galego de Apoio ás Vítimas do Odio lgtbifóbico, que recolla alternativa habitacional e laboral en caso de expulsión da casa familiar e/ou local de traballo, asistencia xurídica específica e de graza, servizos médicos e psicolóxicos, etc.