Mobilízate este sábado 8 de agosto en Pontevedra para reivindicarmos unha Galiza libre de touradas!
Galiza Nova participaremos na mobilización que sairá este sábado ás 20h dende a Praza da Peregrina, pois entendemos que é unha actividade cruel e deshumanizada, que se emprega para substituír a nosa cultura e festas populares, así como para avanzar no proceso de españolización do noso pobo emprendido hai séculos.
Non fiques na casa, mobilízate pola supresión das touradas e contra a protección que lle proporciona a Xunta de Feijóo!
TOURADAS FÓRA DA GALIZA!