Por unha Galiza libre de Touradas! Manifestación en Pontevedra!

tou

Galiza Nova chama á mobilización contra as touradas en Pontevedra e a participar da manifestación organizada por Touradas fóra de Pontevedra e que a nosa organización apoia. Será este sábado 9 de agosto ás 20hs desde a Praza da Peregrina para reivindicar unha Galiza libre de touradas.

Un ano máis, Galiza Nova, o BNG e outros moitos colectivos sociais sairemos á rúa contra unha actividade cruel e que se emprega para substituír pola nosa cultura e festas populares coa finalidade de avanzar no proceso de españolización do noso pobo.